A G2 televisará tres partidos da primeira eliminatoria da Copa do Rei

O Compostela-Tenerife comezará o mércores festivo ás 12:00

Tamén se verán o Covadonga-Deportivo (17:00) e o Marbella-Racing (20:00)

G24.gal 30/10/2023 17:03

Esta é semana de Copa do Rei, e a segunda canle da Televisión de Galicia ofrecerá tres das oito eliminatorias en que participan equipos galegos. O mércores 1 de novembro poderemos ver os tres encontros. Comezaremos polo Compostela-Tenerife no Vero Boquete ás 12 do mediodía. Volve un equipo da LFP a Santiago despois de moitos anos e co impulso da chegada de Míchel Alonso.

Ás 17:00 horas xogarase en Langreo o Covadonga-Deportivo. O cadro coruñés enfróntase a un equipo da 2.ª RFEF ao que o seu filial, o Fabril, xa lle gañou esta temporada por 0-3. 

O último partido que veremos será o que enfronte a Marbella e Racing de Ferrol. O cadro ferrolán ten un desprazamento longo. Tentará seguir fronte a un rival inferior que está nun bo momento de forma e buscará a sorpresa. 

Na xornada do mércores tamén disputarán os seus partidos o Boiro, que recibirá o Mallorca, o Celta, que viaxa a terras segovianas para xogar ante un equipo de Preferente, o Lugo, cun longo desprazamento para xogar co Antoniano, e o Arenteiro, nunha eliminatoria moi parella fronte ao Real Avilés. Para o xoves queda o partido entre o Arousa e o Granada. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade