Publicador de contidos
Publicador de contidos

A Garda Civil de Galicia conmemora a festividade da súa patroa

A Garda Civil de Galicia conmemora a festividade da súa patroa

A Comandancia da Coruña acolleu o acto central das celebracións

G24.gal 12/10/2024 14:39 Última actualización 12/10/2024 14:50

Este doce de outubro, a Garda Civil conmemora o día da súa patroa, a Virxe do Pilar, con misas e procesións en moitos puntos da comunidade e cun acto central e un desfile que volveu ter como escenario o patio da Comandancia da Coruña.

Durante a cerimonia, entregáronse as Ordes do Mérito da Garda Civil e realizouse a tradicional homenaxe aos caídos. O acto estivo presidido polo delegado do Goberno en Galicia, acompañado doutras autoridades civís e militares.

Pedro Blanco felicitou os mais de 5.300 homes e mulleres que conforman a Garda Civil na nosa comunidade, a terceira, subliñou, máis segura de España.

Pediu un esforzo para loitar contra quen exerce ou xustifica calquera violencia contra as mulleres, unha loita que xa é prioritaria para a Benemérita, tal e como destacou no seu discurso o xeneral xefe da zona de Galicia.

Comandancia de Pontevedra

Na Comandancia de Pontevedra tamén celebraron o día do Pilar cun acto solemne presidido polo tenente coronel xefe Interino da Comandancia, Óscar Grañas.

Na cerimonia entregáronse condecoracións e os responsables do corpo agradeceron a aceptación e cariño da cidadanía galega coa benemérita que os anima a traballar para velar pola seguridade de todos nós.

A Garda Civil de Pontevedra resolveu nestes últimos anos casos de gran complexidade como o crime do Pozo no Porriño ou o da ourensá Judith Muñoz cuxo cadáver apareceu nunha gavia do polígono porriñés das Gándaras.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade