Cargando resultados...
A Garda Civil de Pontevedra celebra o 12 de outubro cun acto solemne
A Garda Civil de Pontevedra celebra o 12 de outubro cun acto solemne
Na cerimonia, que se celebrou na Comandancia, entregáronse condecoracións
G24.gal
12/10/2024 14:05
Última actualización 12/10/2024 14:51
Na Comandancia de Pontevedra tamén celebraron o día do Pilar cun acto solemne presidido polo Tenente Coronel Xefe Interino da Comandancia, Óscar Grañas.
Na cerimonia entregáronse condecoracións e os responsables do corpo agradeceron a aceptación e cariño da cidadanía galega coa benemérita que os anima a traballar para velar pola seguridade de todos nós.
A Garda Civil de Pontevedra resolveu nestes últimos anos casos de gran complexidade como o crime do Pozo no Porriño ou o da ourensá Judith Muñoz cuxo cadáver apareceu nunha gavia do polígono porriñés das Gándaras.