A Garda Civil detén o futbolista do Valencia Rafa Mir, denunciado por agresión sexual
A Garda Civil detén o futbolista do Valencia Rafa Mir, denunciado por agresión sexual
A denuncia interpúxoa unha muller de 25 anos que di que foi agredida xunto con outra muller no domicilio particular de Rafa Mir
Nos feitos, segundo o relato da denunciante, participaría outro home, tamén detido
A Garda Civil deitvo a Rafa Mir, futbolista do Valencia C. F., por unha denuncia interposta por unha muller por presunta agresión sexual.
A denuncia interpúxoa unha muller de 25 anos que di que foi agredida xunto con outra muller no domicilio particular de Rafa Mir. Nos feitos, segundo o relato da denunciante, participaría outro home, tamén detido.
O futbolista murciano permanece detido en dependencias da Comandancia da Garda Civil e espérase que pase este mércores a disposición xudicial, despois de que o luns a moza denunciase, tras acudir a un centro hospitalario, que foi cunha amiga de 21 anos a casa do futbolista e que alí foron agredidas sexualmente por Mir e outro home, que sería o segundo detido.
O Valencia Club de Fútbol confirmou este martes que é consciente da detención do seu dianteiro Rafa Mir e nun comunicado púxose ao dispor da xustiza.
"O club é coñecedor da devandita detención e, a falta de detalles sobre a mesma, polo momento unicamente pode manifestar que colaborará en todo aquilo que a xustiza poida requirir", sinalou a entidade.