Publicador de contidos
Publicador de contidos

A Gladiator Race recada 4.000 euros para a investigación da enfermidade de Dent

A Gladiator Race recada 4.000 euros para a investigación da enfermidade de Dent

G24.gal 02/09/2023 22:06 Última actualización 02/09/2023 22:22

Celebrouse unha edición solidaria da Gladiator Race cuns 1.400 corredores. Foi esta tarde na Cidade da Cultura.

Nesta ocasión, por cada persoa inscrita nestas probas deportivas a organización doou un euro ao proxecto de investigación da enfermidade de Dent, que desenvolve o Instituto de Investigación Sanitaria de Santiago. Había tamén fila cero na web para colaborar coa causa e lograron reunir xa 4.000 euros.

Para visibilizar esta doenza rara, que lles afecta a dez familias galegas e a 200 no mundo, a entidade Art for Dent participou na competición cun equipo de 300 persoas. 
A xornada solidaria rematou cun cóctel e un concerto no hotel Porta do Camiño.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade