Publicador de contidos
Publicador de contidos

A guerra de Ucraína e a seca fan subir o trigo, o que fai máis rendible o cultivo en Galicia

A guerra de Ucraína e a seca fan subir o trigo, o que fai máis rendible o cultivo en Galicia

Os agricultores da Limia din que tamén aumentaron os custos de produción e que a pesar da maior rendibilidade cultivan o cereal basicamente para cubrir os gastos fixos das explotacións

G24.gal 23/05/2023 14:25

Na Limia cultívanse cada ano entre 12.000 e 13.000 hectáreas de cereal. Delas unhas 9.000 son de trigo, supón o sesenta por cento da produción de toda Galicia. Un cultivo presente aquí nas máis das explotacións agrarias que o ano pasado acadou un prezo de 32 céntimos o quilo.

Din os agricultores que tanto a guerra de Ucraína como a seca no resto de España axudaron a subir o prezo con respecto a outros anos, pero que tamén o fan os custos de produción.

"Os prezos do cereal si que se elevaron moito. Nas lonxas internacionais, porque o cereal cotiza en Bolsa, se alcanzaron incluso os 500-600 euros por tonelada, que son uns 50 ou 60 céntimos o quilo. Pero iso non significa que os agricultores percibisen esa cantidade. Ese aumento de prezo nun terzo da contía parece un aumento desorbitado, pero conxuntamente co ese aumento de prezo tamén subiron os custes de fertilización e sobre todo os fitosanitarios e o gasto de gasóleo e maquinaria", apunta Servando Álvarez, técnico do Inorde.

Insisten nos custos do cultivo por hectárea porque pasaron dos 400 aos 700 ou mesmo aos 800 euros. Por iso moitos agricultores apuntan a que cultivan o cereal basicamente para cubrir os gastos fixos das explotacións. 

"Eu cultivo unhas 30-35 hectáreas de trigo e cultívoo basicamente por facer rotación de cultivo coa pataca e con outros cultivos", explica o agricultor Víctor Cabío. 

Din que para que fose realmente rendible terían que aumentar a superficie cultivada e baixar os gastos fixos que supón o cultivo do trigo.

"O ano pasado subiu, pero tamén subiron as herbicidas, os sulfatos... e ao final ben vale que suban o prezo se ao final nos soben tamén os herbicidas. Seguimos practicamente igual", conta o agricultor Jonathan Salgado.

A abundancia de chuvia obrigou este ano na Limia a sementar fundamentalmente trigo de primavera, cun rendemento por hectárea moi inferior ao de inverno.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade