Analizan a viabilidade de cultivar trigo sarraceno na Limia polo aumento da demanda
Analizan a viabilidade de cultivar trigo sarraceno na Limia polo aumento da demanda
O seguinte paso sería crear unha industria transformadora
É un produto idóneo para os celíacos, que representan o 1 % da poboación
A demanda do trigo sarraceno é cada vez maior pola alta porcentaxe de persoas alérxicas ou intolerantes ao glute. Un grupo de investigación do Centro Tecnolóxico da Carne está ensaiando a viabilidade deste pseudocereal na Limia e se o seu cultivo e transformación podería ser un potencial negocio en Galicia. E é que o un por cento da poboación é celíaca.
O trigo sarraceno é un gran ancestral, un pseudocereal, nada ten que ver coas gramíneas, resistente ao cambio climático. Cocido como o arroz, en folerpas ou en fariña para panificación, ten un alto valor proteico.
Se os resultados do cultivo na Limia son frutíferos, o seguinte paso do proxecto sería crear en Galicia tamén unha industria da transformación.