O rei Filipe VI cualifica a guerra en Ucraína de "ilegal, inxustificable e brutal"
O rei Filipe VI cualifica a guerra en Ucraína de "ilegal, inxustificable e brutal"
No seu discurso, o rei fixo balance do 2022, un ano marcado pola guerra en Ucraína
O xeneral Arrazola preside a Pascua Militar en Galicia
Un ano máis, o reis presidiron a tradicional Pascua Militar, acompañados do presidente do Goberno, os ministros de Defensa e Interior e a cúpula do Exército. Primeiro, parada nos exteriores do Pazo Real, con himno, salva de canonazos e o monarca pasando revista. Xa dentro, condecoracións a vinte efectivos das forzas armadas e da Garda Civil. No seu discurso, o rei fixo balance do 2022, un ano marcado pola guerra en Ucraína.
Un conflito que require unidade, pero tamén, dixo o monarca, maiores investimentos en Defensa.
A ministra de Defensa confirmou que España seguirá participando na resolución deste conflito. Na súa intervención, Margarita Robles tamén aludiu ao cumprimento da Constitución.
E tamén houbo especial mención para os efectivos da UME que axudaron nos incendios do verán pasado.
O xeneral Arrazola preside a Pascua Militar en Galicia
O xeneral Juan Francisco Arrazola Martínez presidiu este venres, en representación do rei Filipe VI, a Pascua Militar na Coruña, nun acto ao que tamén asistiu, entre outras autoridades civís e militares, o presidente da Xunta, Alfonso Rueda.
O acto celebrouse ao mediodía no Palacio de Capitanía Xeral coa tradicional rendición de honras á autoridade que presidía na Praza da Constitución. A continuación, tivo lugar unha recepción no Salón do Trono durante a cal se impuxeron diversas condecoracións ao persoal civil e militar dos Exércitos, a Armada e a Garda Civil que se fixo acredor ás mesmas.
Posteriormente, o xeneral Arrazola felicitou a Pascua Militar en nome do rei Filipe VI a todos os xefes militares das Forzas Armadas e a Garda Civil asistentes. Ademais de Alfonso Rueda tamén asistiron ao acto o vicepresidente segundo da Xunta, Diego Calvo Pouso; o presidente do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, José María Díaz e Gómez Castroverde; o Fiscal Superior de Galicia, Fernando Suanzes Pérez; o xeneral Miguel Ángel González Arias, xefe da 15ª Zona da Garda Civil; e o xeneral Manuel García Ortiz, comandante da forza de Protección da Armada.