O rei anuncia que as súas visitas á zona afectada pola DINA serán unha constante
O rei anuncia que as súas visitas á zona afectada pola DINA serán unha constante
O monarca regresou a Valencia para visitar o contixente militar despregado
O rei Filipe regresou a Valencia para visitar o continxente despregado polas inundacións causadas pola DINA. Primeira parada na base militar Jaime I de Bétera. Vestido con traxe de campaña e acompañado pola ministra de Defensa interesouse polo traballo da Unidade Militar de Emerxencias. Os mandos presentáronlle un informe actualizado da situación e o monarca falou con soldados integrantes do continxente.
"Transmitinlles a confianza que tiña desde o principio, que sigo tendo. Ver como funcionan e a resposta dos cidadáns, a gratitude que mostran ante o que están facendo, ás veces incluso por riba das súas posibilidades, día e noite, as vinte e catro horas", dixo.
E anunciou que as súas visitas ás zonas afectadas serán unha constante.
"Tendo moi en conta as circunstancias que se están vivindo aquí e que cada un temos que estar no noso sitio", afirmou.
Durante esta martes Filipe VI tamén visitou o buque de asalto anfibio Galicia. E percorreu a base loxística principal do Exército de Terra instalada na Feira de Valencia. A próxima semana retomará en Chiva e noutros concellos a visita suspendida tras os incidentes en Paiporta.