Nove mulleres diagnosticadas de cancro contan a súa historia nun libro solidario

Os beneficios destinaranse integramente á investigación do cancro de mama metastásico

As autoras na presentación da Coruña
G24.gal 02/12/2023 22:23 Última actualización 03/12/2023 11:47

No me llames valiente y tráeme croquetas é un libro solidario escrito por nove mulleres diagnosticadas de cancro de mama ou de útero que contan as súas historias para tratar de axudar as pacientes e tamén as persoas que as acompañan no proceso da enfermidade.

Este sábado estiveron na Coruña presentando a obra da man da Fundación Naru. Os beneficios destinaranse integramente á investigación do cancro de mama metastásico.

Hai medo, hai aprendizaxe, hai humor e hai esperanza. Croquetas que saben a comprensión en momentos duros, de dúbidas, nos que ás veces frases con boa intención non axudan. O libro inclúe esas frases que as autoras escoitaron algunha vez e que debemos evitar.

Tamén dedica capítulos aos efectos secundarios, á familia, aos amigos, ao sexo e ao traballo, porque o cancro de mama toca todo iso no seu proceso. As nove autoras queren normalizar a enfermidade e recomendan perder o medo a preguntar. 

Este ano diagnosticáronse en España 35.000 novos casos de cancro de mama. Todos os beneficios do libro destinaranse á Asociación Española de Cancro de Mama Metastásico. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade