Publicador de contidos
Publicador de contidos

A inactividade tampouco frea a un Breogán sobranceiro

A inactividade tampouco frea a un Breogán sobranceiro

G24.gal 12/12/2021 15:10

Na Liga ACB, lembren que nesta xornada so xogaba o Breogán pola suspensión do Obradoiro. E os lugueses acadaron a súa sexta vitoria. Foi logo dun mes sen competir, e diante dun Andorra que chegaba ao Pazo cos mesmos cinco triunfos en dous partidos máis.

O Breogán levou a iniciativa xa desde o principio, cunha renda de cinco puntos ao remate do primeiro cuarto (19-14). Pero non foi quen de fuxir no marcador ata o último período, con fendas superiores aos dez puntos que despexaron o camiño do triunfo. Ao final, 83 a 74 a prol dos de Paco Olmos, que o xoves visitan ao Bilbao.

Gran partido de Musa que asinou 26 puntos, 6 rebotes e 28 de valoración. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos