Publicador de contidos
Publicador de contidos

A India logra un éxito sen precedentes na exploración da auga da Lúa

A India logra un éxito sen precedentes na exploración da auga da Lúa

Logrou aterrar no polo sur, onde xamais se lograra facer

É o cuarto país en aterrar con éxito unha nave espacial na Lúa
 

O equipo indio celebra o seu éxito/REUTERS O equipo indio celebra o seu éxito/REUTERS
G24.gal 23/08/2023 19:15

A aluaxe da misión espacial Chandrayaan-3 no polo sur da Lúa é un éxito sen precedentes que abre a porta á posibilidade de explorar a auga que se escondería en forma de xeo nesa rexión, sinalan expertos.

Chandrayaan-3 aterrou sobre unha zona nunca antes explorada. A India convértese no cuarto país en lograr alunizar no satélite terrestre, un fito unicamente logrado por Estados Unidos, Rusia, e China.

"Houbo colaboración doutras axencias espaciais, pero o fito é aínda máis impresionante por ser alcanzado non pola todopoderosa NASA, senón por ISRO (Organización de Investigación Espacial da India), resalta o director xeral do Observatorio Europeo Austral (ESO), Xavier Barcons.

Onde hoxe a India logrou un éxito, Rusia cultivo un fracaso o pasado domingo, cando a súa misión Luna-25 estrelouse no seu intento de aterrar tamén no polo sur.

Felicitación das outras axencias

A axencia espacial rusa Roscosmos, na súa canle de Telegram, felicitou a ISRO e destacou que "as investigacións da Lúa son importantes para toda a humanidade, no futuro pódese converter nunha plataforma para a conquista do afastado espazo".

O director xeral da Axencia Espacial Europea (ESA), Josef Aschbacher, usou tamén X para sumarse ás felicitacións a ISRO e a "todo o pobo da India" por "facer historia", á vez que se manifestou "impresionado".

Ademais, lembrou o papel de apoio da ESA a a misión e "por iso todos os europeos debemos sentirnos orgullosos. Pero non podemos deternos aquí: debemos dar o próximo gran paso para Europa e converternos en protagonistas da futura exploración da Lúa en beneficio, tanto económico como científico, dos europeos das xeracións vindeiras".

Tamén o administrador da axencia espacial estadounidense NASA, Bill Nelson, aplaudiu este éxito. "Felicidades á India por ser o cuarto país en aterrar con éxito unha nave espacial na lúa, comprácenos ser o seu socio nesta misión", dixo na súa conta de X.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade