O PP anuncia unha proposición de lei con medidas que axuden á baixada dos prezos
O PP anuncia unha proposición de lei con medidas que axuden á baixada dos prezos
Os produtores apuntan ao incremento dos custos de produción: os enerxéticos ou incremento do salario mínimo
O Partido Popular vai presentar no Congreso unha proposición de lei coa súas propostas para reducir o prezo dos alimentos. Anunciouno Alberto Núñez Feijóo durante a xornada en que todas as partes da industria alimentaria analizaron a actual situación.
Para saber como chegamos ata aquí, cos prezos un 15 por cento máis caros que hai un ano, os produtores apuntan ao incremento dos custes de produción.
Custos, segundo Pedro Barato, presidente de Asaja, como os enerxéticos ou incremento do salario mínimo. Dende a distribución mostran a súa preocupación pola caída do consumo e reclaman medidas fiscais
A vez, o Partido Popular anunciou unha proposición de lei con medidas que axuden a baixada dos prezos.
Mentres, o Goberno xa dicía hai uns días que estamos en vésperas de que se note a baixada dos prezos
O efecto da inflación nótase nos supermercados. No pasado mes de xaneiro a venda de alimentos caeu preto dun catro por cento.