A interior Noa Morro, cedida ao Baxi Ferrol por unha tempada
A interior Noa Morro, cedida ao Baxi Ferrol por unha tempada
Ten 19 anos, mide 190 centímetros e chega cedida polo Valencia
O Valencia Basket anunciou este venres que a interior de 19 anos Noa Morro, que esta tempada alternou o primeiro equipo valenciano e o equipo vinculado da Cordà de Paterna, xogará cedida este próximo curso no Baxi Ferrol da liga Feminina.
A española, de 190 centímetros e internacional coas categorías inferiores da selección, conta con contrato coa entidade valenciana ata 2027 e o club espera que teña a oportunidade de “gañar protagonismo e experiencia para continuar coa súa progresión”.
A xogadora mallorquina chegou a Valencia Basket fai tres tempadas en idade júnior e, desde o primeiro momento, combinou a súa participación co segundo equipo sénior, mentres que estes dous últimos anos disputou partidos co primeiro equipo e o combinado vinculado, que xoga en LF Challenge. Morro xogou nestes dous últimos anos 17 partidos co equipo de Rubén Burgos, sendo partícipe das dúas Ligas gañadas estes dous últimos cursos.
¡¡Qué ganas de que llegue la #LFEndesa 2024-2025!!
— Baxi Ferrol (@UniFerrol) June 14, 2024
Estamos con muchas ganas de que Noa siga creciendo en nuestro club.
Nos vemos pronto @noa_morro. pic.twitter.com/DEv2sspmx5