A lei de atención ao cliente di adeus ás esperas ao teléfono abusivas
A lei de atención ao cliente di adeus ás esperas ao teléfono abusivas
A norma é de obrigado cumprimento para empresas de máis de 250 empregados ou con ingresos superiores aos 50 millóns anuais
O Consello de Ministros aprobou a Lei de atención ao cliente co fin de protexer os dereitos dos consumidores. A normativa establece unha atención menos robotizada e obriga as empresas a atender as chamadas dos clientes nun prazo inferior a 3 minutos.
Será de obrigado cumprimento para as empresas de máis de 250 empregados ou con ingresos superiores aos 50 millóns anuais.
"A lei di que o 95 % das chamadas teñen que ser atendidas nun prazo de tres minutos. Moitas veces inícianas por vía ordenador ou vía robot, pero que se eu quero me teñen que pasar automaticamente cunha telefonista, con alguén cun trato persoal", di Kepa Loizaga, voceiro da OCU.
Tamén lles esixen ás empresas un máximo de 15 días para responder ás reclamacións contra os 30 de agora. A lei gusta na rúa, pero atopamos moito escepticismo.