Cargando resultados...
A lei trans pasa o seu primeiro exame no Congreso sen acordo entre PSOE e Unidas Podemos
A lei trans pasa o seu primeiro exame no Congreso sen acordo entre PSOE e Unidas Podemos
A Comisión de Igualdade ten que aprobar o ditame da lei e despois pasaría ao pleno
G24.gal
12/12/2022 08:28
A lei trans pasa este luns o seu primeiro exame no Congreso, sen que PSOE e Unidas Podemos chegaran a acordo sobre a autodeterminación de xénero nos menores.
A Comisión de Igualdade ten que aprobar o ditame da lei e despois pasaría ao pleno. Os socialistas presentaron unha emenda que eleva a idade, de 14 a 16 anos, para o cambio no rexistro dos menores transexuais. Por seguridade xurídica, din. Pero en Unidas Podemos rexeitan a proposta. E a aprobación da norma podería estar no aire se os socialistas buscan o apoio do PP nesta materia.