A Liga de Campións coñecerá hoxe os dous primeiros semifinalistas
A Liga de Campións coñecerá hoxe os dous primeiros semifinalistas
O Barcelona recibe o PSG coa vantaxe conseguida en París (2-3)
O Atlético tamén viaxa a Dortmund cun gol de marxe (2-1)
Este martes volvemos ter Liga de Campións coa volta dos cuartos de final. O Barcelona recibe en Montjuic o París Saint-Germain cun gol de vantaxe na ida (2-3). Todos queren estar nas semifinais da Champions, Luis Enrique e Xavi seguen enviandose mensaxes na sala de prensa.
Malia a vantaxe mínima colleitada no partido de ida ninguén en Barcelona quere a máis mínima confianza. Saben do poderío do rival e da desfeita que fixo Mbappé na última visita que realizou ao campo do Barcça.
O Atlético de Madrid viaxa a Alemaña cun gol de vantaxe. O equipo de Simeone quere estar nas semifinais, e para iso terá que facer boa esa vantaxe ante o Borussia Dortmund. No último adestramento previo ao partido Simeone probou cos mesmos once que venceron no Metropolitano agás Lino, sancionado; o seu substituto podería ser Mario Hermoso.