A Liga suspende o Vilarreal - Español pola alerta vermella por unha nova DINA
A suspensión comunicouse ás 21:07 horas, cando había 12.000 espectadores no campo do Madrigal e os equipos completaran o quecemento
O Vilarreal - Español foi suspendido por unha alerta vermella por DINA con risco de chuvias torrenciais en toda a provincia de Castellón. A alerta foi decretada a partires das 0:00 horas. No Madrigal todo parecía normal ata as nove da noite, hora na que tiña que comezar o partido. Os dous equipos completaron o quecemento e había máis de 12.000 espectadores no estadio do Vilarreal.
Diante dos acontecementos na Comunidade Valenciana de hai uns meses a Liga e diante da advertencia da Generalitat o Vilarreal trasladou a petición de adiamento ao Xuíz de Competicións Profesionales que autorizou a suspensión ás 21:07.