Publicador de contidos

Publicador de contidos

A loxística, ao servizo dos Reis Magos

A loxística, ao servizo dos Reis Magos

As empresas de repartimento refórzanse para afrontar o maior volume de traballo do ano

G24.gal 03/01/2025 13:50

As empresas de loxística refórzanse para afrontar o maior volume de traballo do ano
Ese aumento de actividade nótase xa nos centros coñecidos como de última milla ou entrega ao cliente final, para os que o período do Nadal é un dos de maior actividade do ano. Porque, como axudantes directos que son dos Reis Magos, chegan a xestionan o dobre do que soe ser o habitual o resto do ano, uns 35.000.

E para que cada un destes paquetes chegue a tempo ao seu destino todo debe estar perfectamente organizado. Non cabe a improvisación. Por esta cinta transportadora pasan de media un 6.600 paquetes á hora, ou, o que é o mesmo, trinta cada minuto polas mans de cada un destes operarios.

E aproveitando que traballan man a man cos Reis, desvelan cales son os xoguetes máis demandados este ano. "Os clásicos. A Nancy, os legos... son dos produtos que máis se ven por aquí", din. 

A media mañá estas instalacións quedan xa á espera de que os camións regresen pola tarde cargados con nova mercadoría.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar