Publicador de contidos
Publicador de contidos

A Luis Enrique o que menos lle preocupa é o resultado

A Luis Enrique o que menos lle preocupa é o resultado

Pedri: "Marrocos estudaría os nosos movementos e sempre temos cousas que mellorar e cambiar"

G24.gal 05/12/2022 15:46 Última actualización 05/12/2022 15:51

Coa chegada do todo ou nada no Mundial de Qatar, nuns oitavos de final que España mide forzas ante Marrocos, Luis Enrique, seleccionador español, mostrouse en estado puro, desconforme coas preguntas da prensa española, rebelándose contra o negativismo das análises tras a derrota ante Xapón e defendendo o estilo de España que abandeirará ata o seu último día.

"O que menos me preocupa é o resultado. Parece unha utopía pero preocúpame cero. Preocúpome en controlar as cousas que podo como adestrador e pídolle ao xogador que se despreocupe porque se fai mais méritos que o rival normalmente adóitase gañar. Se non dá, felicitaremos a Marrocos e ímonos para casa, non hai problema. O obxectivo desde o principio é xogar sete partidos e é o que queremos xogar", dixo.

Pola súa banda, Pedri González, centrocampista da Selección española, valorou tamén a previa: 

“Atópome moi ben. O da selección é o estilo de xogo que me gusta, onde me divirto. O partido de Xapón non foi como esperabamos pero agora vén Marrocos”, afirmou o canario.

“Marrocos estudaría os nosos movementos e sempre temos cousas que mellorar e cambiar. Estamos con moitas ganas e queremos cambiar o pau que sufrimos por felicidade e darlle á afección o que merece”.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos