Publicador de contidos
Publicador de contidos

A luz baixa este xoves un 12 %, ata os 382 euros o megawatt hora

A luz baixa este xoves un 12 %, ata os 382 euros o megawatt hora

Sen o tope do gas, o prezo do megawatt sería 80 euros maior

 

G24.gal 24/08/2022 20:41

A factura da luz baixará este xoves máis dun 12 %, ata situarse nos 382 euros o megawatt hora. Será un respiro cativo. Aínda supón o sexto prezo máis alto desde que hai rexistros, pero menor da marca de 436 euros que bateu este martes.

O prezo que paga un consumidor medio depende da cotización na poxa do mercado grosista, pero tamén da compensación que se lles paga ás eléctricas de ciclo combinado que utilizan gas e que vai depender do prezo desta materia prima e da cantidade que deban usar producir electricidade. Por exemplo, se o gas vai caro e hai pouca xeración eólica ou hidráulica, a compensación é maior.

Por iso a suba do prezo do gas está detrás da última escalada no recibo da luz, unha suba provocada polo anuncio de Rusia de que a finais de mes vai deixar de bombear gas a Alemaña durante tres días, nun momento crítico en que todos os países están almacenando reservas para o inverno.

A chamada excepción ibérica non baixa o prezo final do recibo da luz tanto como gustaría, pero si o está reducindo. Segundo o operador do mercado eléctrico, de non contar co tope de gas destinado a xeración eléctrica pagariamos 82 euros máis o megawatt hora.

De feito, a factura dos españois e portugueses é a menos cara dos principais países europeos. En Alemaña roza os 600 euros o megawatt. E supera ese prezo en Italia, Francia ou o Reino Unido.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade