Publicador de contidos
Publicador de contidos

A luz sobe este sábado un 9 % e marca o seu prezo máis alto de 2022

A luz sobe este sábado un 9 % e marca o seu prezo máis alto de 2022

O custo máximo (300,7 euros/MWh) rexistrarase entre as 19:00 e as 20:00 horas

A guerra en Ucraína podería encarecer os prezos da enerxía nas próximas semanas

G24.gal 26/02/2022 09:20

A electricidade no mercado almacenista subiu este sábado algo menos dun 9 % ata alcanzar os 261,11 euros o megawatt hora (MWh), o prezo máis alto do ano, en plena ofensiva militar de Rusia sobre Ucraína.

Tras este novo aumento, o cuarto consecutivo, a luz custará o dobre ca o sábado pasado e seis veces máis que hai xusto un ano (46,06 euros).

Por franxas horarias, o máximo pagarase entre as 19:00 e as 20:00 (300,7 euros/MWh) e o mínimo, de 237,14 euros/MWh, rexistrouse entre as 4:00 e as 5:00 da mañá.

Nos 25 primeiros días de febreiro, o prezo da electricidade sitúase de media nos 195,07 euros/MWh, un 18 % máis barato ca o valor de decembro, o mes máis caro da historia (239,22 euros/MWh), pero un 75 % superior ao prezo medio de 2021 (111,4 euros/MWh), o ano co prezo máis elevado desde que hai rexistros.

Guerra en Ucraína

O conflito entre os dous países exsoviéticos podería provocar nas próximas semanas un encarecemento aínda maior dos prezos da enerxía, especialmente no caso do gas, polo risco de que as importacións rusas cara a Europa se vexan freadas polas sancións impostas pola UE.

O prezo do gas natural TTF para entrega en marzo no mercado holandés, o de referencia en Europa, mantense por riba dos 100 euros tras pechar este venres cunha suba superior ao 30 %, logo do inicio da invasión rusa. O Mibgas español alcanza este sábado os 113,05 o megawatt hora, case 26 euros máis ca a xornada anterior.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade