Publicador de contidos
Publicador de contidos

A maior central nuclear de Ucraína volve ser bombardeada

A maior central nuclear de Ucraína volve ser bombardeada

Moscova acusa a Kíiv do ataque, que non causou fugas radioactivas

Ucraína non cre nun final negociado da guerra

G24.gal 20/11/2022 13:56 Última actualización 20/11/2022 14:32

Moscova acusa a Kíiv de lanzar quince proxectís contra a central nuclear de Zarorijia, en mans rusas. Di que causou danos no complexo pero non fugas radioactivas. Kíiv nega a súa responsabilidade.

O risco de accidente nuclear tensa unha guerra que cumpre 270 días sen visos de negociación. Ucraína leva a batuta no campo de batalla e suma vitorias militares. Logrou que Rusia se retirara de rexión de Kíiv en marzo, da de Kharkiv en setembro e de Khersón este mes.

Un asesor do presidente explica que nestas condicións parécelles raro recibir propostas de diálogo, que, ao seu entender, equivalen a pedir que capitulen. Están convencidos de que Rusia non lles vai propoñer a paz nin liberar os territorios ocupados e que só detería o fogo para fortalecerse e rearmarse.

O contorno de Zelenski cre que o punto de inflexión da guerra será a liberación de Luhansk ou Donetsk. O presidente fala de heroes cando se refire aos seus homes na fronte de Donetsk, a que está a ter máis difícil resistir.

Desde Kíiv insisten en que se lles dan máis armas a fin da guerra estará máis cerca. O Reino Unido xa lle prometeu outro paquete de defensa que inclúe 125 canóns antiaéreos.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade