Publicador de contidos
Publicador de contidos

A maior mina de lousa subterránea do mundo, un ecosistema baixo terra en Carballeda de Valdeorras

A maior mina de lousa subterránea do mundo, un ecosistema baixo terra en Carballeda de Valdeorras

A galería principal da mina ten 30 metros de altura, onde se traballa noite e día

G24.gal 30/01/2023 14:31

Calor, humidade, homes e máquinas. É o ecosistema da Fraguiña, un labirinto de galerías e cámaras, que se afunde ata 500 metros no interior da terra. Todo na procura desta rocha: o ouro negro.

Eduardo Álvarez Quiroga, director facultativo de explotación da mina explica que comezou sendo unha explotación a ceo aberto. "Chegou un momento en que retirar o estéril da montaña, os cascallos, era moi custoso. Entón a única solución para seguir avanzando no xacemento era entrar por galería subterránea", asegura.

David Cachón, enxeñeiro de minas, tamén destaca as vantaxes da minería baixo terra sobre a minería de exterior, sobre todo o relativo á xestión dos residuos, o chamado "estéril mineiro". Apunta Álvarez Quiroga que "o rachón estéril, que ten defectos, úsase para reencher as cámaras que están baleiras".

A galería principal da mina ten 30 metros de altura e alí o traballo non para durante día e noite, as 24 horas durante os 365 días do ano. Explótase polo método do banqueo descendente. Extráense grandes bloques que se cortan con fío de diamante. Cada bloque pode levar ata oito horas de traballo.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos