Publicador de contidos
Publicador de contidos

A maior parte de Malpica recupera o uso da auga da traída logo de dúas semanas

A maior parte de Malpica recupera o uso da auga da traída logo de dúas semanas

A auga do maior depósito do concello xa é apta para o consumo, mentres que a do resto agardan que se poida empregar nos próximos días

G24.gal 26/08/2022 16:23

Mellora a situación da auga en Malpica. Despois de case dúas semanas, a maior parte dos veciños do concello xa poden beber outra vez auga da billa e usala tamén para cociñar. 

Foi este xoves á tarde cando o Concello anunciaba a autorización do consumo da auga do depósito de Pedraqueimada, o máis importante deste concello, xa que abastece todo o núcleo urbano de Malpica e outros lugares.

Os outros tres depósitos aínda están pendentes de novas análises para poder autorizar que son potables, pero a evolución semella ser positiva. Unha boa noticia que ademais coincide co inicio das Festas do Carme de Malpica.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade