A maioría do ocio nocturno opta por pechar en Noitevella para cobrar as axudas
A maioría do ocio nocturno opta por pechar en Noitevella para cobrar as axudas
Algúns locais recorren á picaresca e adiantan a festa
O sector do ocio nocturno poderá abrir en Noitevella ata as 3 da mañá. Pero se non o fan, a Xunta vailles dar entre 2.500 e 45.000 euros, dependendo do tamaño do local, unha maneira de compensar unha perda de ingresos que nalgúns casos supón máis da metade da facturación anual.
José Luis Asenjo, vicepresidente da Asociación de Ocio Nocturno de Pontevedra, di: "Queremos abrir, pero tamén sabemos que a situación non é moi bonita nestes momentos". Admite que as axudas son boas e suficientes, tendo en conta que "hai outras comunidades que non deron nada".
Algúns locais de Vigo, Pontevedra, Narón ou Melide adiantaron a festa de Noitevella a esta noite, cando aínda poden abrir ata as cinco. Tamén o anunciaran pubs e discotecas da Coruña, que finalmente decidiron botarse atrás ante os reproches da Xunta.