A marcha chinesa MG revoluciona o mercado do coche eléctrico
A marcha chinesa MG revoluciona o mercado do coche eléctrico
A súa carta de presentación son os seus prezos e unha autonomía real dos vehículos de ata 520 km
O seu modelo MG4 foi o terceiro turismo eléctrico máis vendido en España
Apenas leva un ano en Galicia, pero a marca chinesa MG desembarcou na nosa comunidade co obxectivo de revolucionar o mercado do coche eléctrico. Falamos co responsable da marca, Summa Fandiño, en Pontevedra e Coruña.
"Era unha aposta gañadora e así o está demostrando. É un produto de gran calidade onde o que máis nos sorprendeu cando empezamos a traballalos non foi o prezo, senón que cando chegaron os coches, son coches que están ben feitos".
Os prezos ou o mantemento son as principais desvantaxes para algúns condutores. As axudas da Administración son un aliciente, ao que hai que sumar os descontos e as promocións das marcas. A grande ofensiva de MG son os prezos, con vehículos eléctricos dende os 16.000 e ata os 30.000 euros. Pero, se falamos de carga, que nos preocupa?
"A súa autonomía, que teña a suficiente para poder viaxar. Que teña unha autonomía normal se queremos desprazarnos o centro de España a Madrid. E despois o que veña co temas das revisións con todo o tema dos mantementos".
Son algunhas das preocupacións dos condutores cando se lle pregunta polo interese dun coche eléctrico. Conscientes desas dúbidas, esta marcha chinesa tentou mellorar a competitividade dos seus coches respecto a outros competidores. Summa Fandiño, responsable da marca en Pontevedra e Coruña.
"Incorpora un sistema de baterías totalmente actuais e movémonos nunha autonomía de entre 360 e 520 quilómetros".
A carga destes coches pode pasar do 10 ao 80 % en vinte minutos e contan con sete anos de garantía. Así é a carta de presentación desta marca chinesa que este ano xa está conseguindo unha cota dentro do mercado particular dun 5 % en Galicia.