Publicador de contidos
Publicador de contidos

A maxia de Barrueta segue no Leyma Coruña

A maxia de Barrueta segue no Leyma Coruña

O máximo anotador do equipo na tempada do ascenso á ACB firma a renovación

Será o seu debut na máxima categoría nacional e a súa terceira tempada na cidade herculina

Yunio Barrueta, coa camiseta do Leyma Basquet Coruña Yunio Barrueta, coa camiseta do Leyma Basquet Coruña
G24.gal 26/07/2024 12:32

O MVP quere demostrar a súa valía na ACB. Yunio Barrueta, mellor xogador do Leyma Basquet Coruña na pasada tempada, asina a súa renovación. O máximo anotador do club herculino na histórica tempada do ascenso queda na casa. Cumprirá a súa terceira tempada vestindo a camiseta branquilaranxa.

Barrueta foi clave para o ascenso do equipo coruñés con 14 puntos e cinco rebotes por partido. Ninguén encestou máis canastras ca el no pavillón de Riazor na 23/24. Agora, tentará coller as medidas do Coliseum e facelo a súa nova casa. 

O Leyma está renovando un gran número de xogadores de cara á súa estrea na ACB. Con fichaxes xa soando, é cuestión de tempo que rematen as negociacións e comecen a presentar as caras novas. Esas que contribuirán a dar un salto de calidade e, se lles sae ben a tempada, consolidar o equipo na Liga Endesa.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade