Publicador de contidos
Publicador de contidos

A maxia do Circo do Sol chega a Santiago co espectáculo OVO

A maxia do Circo do Sol chega a Santiago co espectáculo OVO

Un cento de técnicos e artistas chegados de 25 países participan na montaxe

Farán oito funcións no multiusos do Sar ata o domingo

 

G24.gal 03/01/2024 15:10 Última actualización 03/01/2024 16:38

Vinte e tres tráilers foron precisos para trasladar a Santiago a maxia de OVO, a colorida comunidade de insectos imaxinada polo Circo do Sol. 

Grilos, arañas e pulgas voarán baixo o teito do Multiúsos do Sar nun espectáculo con música en directo e 800 pezas de vestiario feitas á medida dos acróbatas.

"Están feitas a man e a medida de cada artista. As pezas fanse en Montreal e envíanse ao tour, aquí facemos a proba con cada acróbata e se hai que facer modificacións ou retoques facémolas nós no taller da xira", explica Carolina Farias, encargada de vestiario. 

52 artistas e 50 técnicos de 25 países forman parte desta macroprodución. Un canto á biodiversidade que nace dun xigantesco e misterioso ovo. 

"Non se pode desvelar moito, pero basicamente é a historia de tres personaxes insectos que namoran, teñen amistade e tamén pelexan, pero de boa maneira. É unha festa que trae mensaxe de paz e alegría nestes tempos que corren", comenta o acróbata Wellington Lima.

O espectáculo, que xa foi visto por máis de sete millóns de persoas en todo o mundo, permanecerá en Santiago ata o domingo. Luces, trapecios, quecemento, xastrería e maquillaxe, aquí xa teñen todo listo para que nada falle baixo a carpa do Circo do Sol.  

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade