Publicador de contidos
Publicador de contidos

Cae desde unha altura de 7 metros un trapecista do circo Quirós en Madrid

Cae desde unha altura de 7 metros un trapecista do circo Quirós en Madrid

Quedou tendido na pista, pero tras ingresar no hospital 12 de Octubre e permanecer catro horas en observación déronlle a alta

O espectáculo A roda da morte consta dunha roda xiratoria sobre a que dous artistas camiñan e saltan á corda

Imaxe do accidente
G24.gal 05/03/2023 18:50 Última actualización 05/03/2023 19:02

Un trapecista do circo Quirós sufriu durante a actuación do sábado 4 de marzo unha caída desde sete metros de altura mentres realizaba o seu espectáculo A roda da morte

A organización informa nun comunicado, que o accidente fixo que o artista quedara tendido na pista de maneira que os seus compañeiros pensaban que falecera no acto.

Pera ata a carpa desprazáronse varias dotacións do Summa 112 e do Samur, ademais da Policía Local e a Nacional. Trasladaron o artista ata o hospital 12 de Octubre, onde lle realizaron probas e despois de catro horas recibiu a alta.

O espectáculo A roda da morte consta dunha roda xiratoria sobre a que dous artistas camiñan, saltan á corda e fan distintas acrobacias.

A función continuou tras un paro duns 40 minutos. O afectado saíu en padiola saudando o público, que o despediu cunha grande ovación.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade