Publicador de contidos
Publicador de contidos

Un temporal de auga e vento chegará a Galicia a mediados de semana

Un temporal de auga e vento chegará a Galicia a mediados de semana

As temperaturas van baixar, especialmente as diúrnas, e regresa a chuvia, que pode ser especialmente abondosa nas provincias atlánticas

G24.gal 05/02/2024 14:14

Esta primavera adiantada ten xa data de caducidade. A mediados de semana cambian as tornas e o tempo invernal volve polo que é seu. Baixarán as temperaturas, diúrnas, e regresa a chuvia que, ademais, pode que bata con abundancia e forza especialmente nas provincias atlánticas.

Malas noticias para a quen lle guste o tempo solleiro. As mañás de terrazas á calor do astro ten os días contados. A mediados de semana regresa a chuvia e vaino facer con forza. Diego Viaño, do Tempo TVG, di que "o gran titular que nos deixa é a chegada dun temporal de chuvia e de vento. Será o xoves. Chuvia contiosa sobre todo na metade occidental de Galicia".

Así que os que gardaron o paraugas no roupeiro xa o poden ir recuperando. Tocará abrigarse de novo. "Para a fin de semana descenso importante nas temperaturas e risco de nevaradas na montaña", anuncia Diego Viaño.

A madrugada deste martes reactívase o aviso por néboas mestas nas zonas chás do interior. Haberá pois que aparcar temporalmente os baños na praia e as lecturas no exterior á calor do sol.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade