Publicador de contidos
Publicador de contidos

A Mesa pola Normalización Lingüística protesta polo uso do topónimo La Toja

A Mesa pola Normalización Lingüística protesta polo uso do topónimo La Toja

Reclaman o uso do único topónimo legalmente recoñecido para a illa da Toxa

G24.gal 29/09/2022 21:07

Na Illa da Toxa a Mesa pola Normalización Lingüística convocou este serán unha concentración de protesta.

Reclaman o uso do único topónimo legalmente recoñecido para a illa da Toxa en lugar do deturpado de 'La Toja' co que denominan o foro.

O Tribunal superior de xustiza de Galicia autorizou esta manifestación de protesta logo da prohibición pola delegación do goberno en Galicia.

Marcos Maceira, Voceiro da ONG de defensa do uso normalizado do idioma galego, bota de menos a mesma énfase no apoio da legalidade lingüística ca na represión da súa defensa.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade