Publicador de contidos
Publicador de contidos

A metade dos alimentos afectados pola rebaixa do IVE subiron de prezo

A metade dos alimentos afectados pola rebaixa do IVE subiron de prezo

O aumento de prezo dalgúns produtos foi progresivo dende o mes de xaneiro

A froita e a verdura están á cabeza dos alimentos que máis encareceron

G24.gal 01/09/2023 15:21

A rebaixa do IVE dalgúns alimentos, aplicada dende xaneiro, non serviu para alixeirar o peso económico da cesta da compra. Segundo o estudo dunha asociación de consumidores, o 48 por cento dos produtos aos que se aplicara a rebaixa xa subiron de prezo. Os cidadáns non o entenden.  

Froitas e verduras están á cabeza dos alimentos que experimentaron unha maior suba dende principios de ano.  O aceite, as pastas e arroces, lácteos e legumes tamén están disparados.

Dende a asociación de consumidores piden que se investiguen os incrementos dos custos destes alimentos, que pesan cada vez máis na cesta da compra. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade