A ministra de Transportes comparecerá no Congreso polo tren que se achegou ao incendio de Bejís
A ministra de Transportes comparecerá no Congreso polo tren que se achegou ao incendio de Bejís
A Mesa do Congreso aprobou por unanimidade a petición do Partido Popular
O PP pedira a comparecencia urxente das tres vicepresidentas e de tres ministros que foron rexeitadas
A ministra de Transportes comparecerá de forma extraordinaria no Congreso o próximo 31 de agosto para dar explicacións polo o tren que se achegou ao incendio de Bejís en Castelló a semana pasada. Os socialistas apoian así a petición dos populares.
"Hai aberta unha investigación xudicial sobre o incidente ferroviario e é razoable agardar a que finalice para poder falar con precisión, aínda así, para o grupo socialista e para o Goberno é necesario aclarar o ocorrido", di a deputada socialista Susana Ros.
O PP foi quen pediu a comparecencia da Raquel Sánchez ao ver, din os populares, que nin daba explicacións nin interrompía as vacacións.
"É vergonzoso e reprochable que tras coñecer os feitos e o número de feridos non pedise comparecer con carácter extraordinario e urxente. Tivo que pasar unha semana, rematar as vacacións non interrompidas e convocar a Mesa do Congreso", asegura Macarena Montesinos, deputada do PP.
Na Mesa do Congreso, o órgano que substitúe o pleno do Cámara Baixa en períodos inhábiles, o PP demandaba ademais a comparecencia urxente, antes de acabar este mes, dos ministros da Presidencia, de Defensa e de Sanidade e máis das tres vicepresidentas do Goberno.
Unhas solicitudes sen os apoios suficientes para saíren adiante. O PSOE anunciou que Nadia Calviño comparecerá a petición propia o sete de setembro para dar conta situación económica.