A Mostra de Teatro Internacional de Ribadavia está ata os topes
A Mostra de Teatro Internacional de Ribadavia está ata os topes
Un vintena de obras de teatro e espectáculos de rúa están programados nesta 39 edición
Ademais, desenvólvese un curso co clown Rui Paixão
Hai obras que xa teñen as entradas esgotadas
A creación escénica máis innovadora está esta semana en Ribadavia, coa presenza na 39 edición da MIT de varios Premios Max coma Alessandra García e a compañía Mujer en Obras, outras emerxentes, Señor Smith, e veteranas como Teatro del Barrio.
Pero, como conta o director artístico da Mostra Internacional de Teatro de Ribadavia, ademais das citas no auditorio do castelo, os espectáculos esténdense a todas as parroquias e este ano contan ademais cunha visita teatralizada de man dos Quinquilláns polos fitos da historia teatral de Ribadavia dende o ano 1973, 50 anos dende que se sinalou esta vila do Ribeiro como capital teatral de Galicia.
Na programación desta 39 edición contan tamén cunha retrospectiva da compañía galega A Panadaría, ademais; espectáculos de rúa, actividades paralelas e un curso co pallaso Rui Paixão, que axuda a buscar o clown que cada un leva dentro a través da improvisación.
Nun teatro ao aire libre convértese Ribadavia ata o domingo. Este ano con moito interese, moito público e moita venda anticipada, segundo Roberto Pascual.
Hai espectáculos para os que xa están todas as entradas vendidas, pero aínda quedan cinco días con moito teatro en Ribadavia.