Publicador de contidos
Publicador de contidos

A Muiñeira de Chantada, camiño de ser Ben de Interese Cultural

A Muiñeira de Chantada, camiño de ser Ben de Interese Cultural

Varios colectivos recollen sinaturas para que sexa declarada BIC

A Muiñeira de Chantada é unha das pezas clásicas no repertorio dos gaiteiros galegos
G24.gal 22/05/2024 14:16 Última actualización 22/05/2024 16:33

A Muiñeira de Chantada está na banda sonora das nosas principais celebracións. Escoitámola acotío nos principais programas de televisión, e mesmo deulles un toque de ledicia ás nosas vidas en momentos delicados como a pandemia. Agora diversos colectivos recollen sinaturas para que sexa declarada Ben de Interese Cultural.

En 1928 foi gravada por primeira vez polo que fora o mellor gaiteiro de Galicia, Avelino Cachafeiro, e a banda de Soutelo de Montes. Co paso do tempo a súa sona é xa internacional.

E de seguro que vai seguir téndoa, porque as novas xeracións, a ritmo discotequeiro ou mesmo de rap, vanlle dar máis pulo aínda a unha das muiñeiras senlleiras.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos