Publicador de contidos
Publicador de contidos

A muller da Laracha atopada morta a carón do río Anllóns recibirá sepultura esta tarde

A muller da Laracha atopada morta a carón do río Anllóns recibirá sepultura esta tarde

A Policía Xudicial da Garda Civil de Carballo segue coa investigación e mantén todas as hipóteses abertas

G24.gal 20/12/2023 14:23

Esta tarde recibirá sepultura a muller de 45 anos da Laracha que foi atopada morta, este luns, a carón do río Anllóns. O enterro será ás cinco da tarde, no cemiterio parroquial de San Román de Cabovilaño.

Por outra banda, a Policía Xudicial da Garda Civil de Carballo continúa coa investigación para poder esclarecer as causas do falecemento.

Os axentes localizaron o seu coche no sitio coñecido como Porto Pereiro. A douscentos metros atoparon o seu corpo sen vida.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade