Publicador de contidos
Publicador de contidos

A nai de Nerea Añel espera que o acusado "saia culpable, por suposto"

A nai de Nerea Añel espera que o acusado "saia culpable, por suposto"

Belén Vázquez, que tamén exerce a acusación particular, declarou hoxe como testemuña no xuízo

Fixo fincapé nas supostas contradicións e mentiras do acusado, que daquela era a parella de Nerea

G24.gal 20/02/2024 14:13

A nai de Nerea chegaba á Audiencia Provincial xa á primeira hora, acompañada polos seus avogados. Ante a prensa, confesouse moi nerviosa, pero convencida do que agarda deste xuízo.

"Que saia culpable, por suposto", di Belén Vázquez, a nai de Nerea, á porta da Audiencia Provincial.

O acusado, trasladado pola Garda Civil desde o cárcere, accedeu pola porta de atrás. Hoxe era a quenda de trece testemuñas que declararon sen cámaras. O tribunal trataba de aclarar se o acusado se separou de Nerea antes da desaparición, como di el, ou se fuxiron xuntos polo camiño forestal onde apareceu o cadáver, como aseguraron a encargada do motel e unha das traballadoras. As supostas mentiras do acusado, que dicía que Nerea ingresara en prisión por roubar un taxista, son para a acusación particular un indicio en si mesmas.

Belén Vázquez, nai de Nerea: "Constantemente cambiou a versión. A única versión que ten desde o primeiro día é que ela estaba en prisión e que el viu como a levaba a Garda Civil, e non era certo. Penso que é un homicidio, porque me enganou desde o primeiro día. Se non, a que vén tanto engano?".

Segundo declararon varios amigos da parella, Julio chegou a dicir que visitara a Nerea no cárcere.

"Chegou a dicir que eu lle dera diñeiro para levarlle á miña filla ao cárcere e que fixera un vis a vis con ela alí", sinala Belén.

Tamén houbo testemuños sobre agresións previas a Nerea, coma unha cabezada presenciada, supostamente, por varios veciños do barrio.

"Espero que se faga xustiza e que non volva pasar unha cousa coma esta. Verlle a cara revolveume a alma e o estómago", lamenta Belén.

O xuízo continúa mañá con novas testemuñas e peritos.
 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade