Publicador de contidos
Publicador de contidos

A NASA apraza o lanzamento da misión á Lúa por motivos técnicos

A NASA apraza o lanzamento da misión á Lúa por motivos técnicos

G24.gal 29/08/2022 14:40

A NASA decidiu suspender o lanzamento da misión Artemis I que estaba previsto para ás 14:33, hora galega, debido a fallos técnicos.

Despois de que os enxeñeiros tivesen que interromper a conta regresiva para resolver unha fuga de combustible producida no mesmo lugar no que se produciu outra fuga nunha proba na primavera, o engalaxe atópase nunha "pausa non planificada" por un problema co motor número 3 da etapa central do SLS, segundo informou a NASA no seu perfil de Twitter.

Así mesmo, a axencia espacial indica que o seu equipo traballa para resolver o problema.

A NASA anunciara con anterioridade de que en caso de que hoxe non engalase esta histórica misión, que supón unha volta ao satélite terrestre ao cabo de case medio século, manexa como segunda e terceira datas tentativas os días 2 e 5 de setembro próximos. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade