A Nobel da Paz pide apoio internacional para acabar co réxime iraniano

Narges Mohammadi dixo, a través dunha carta escrita dende o cárcere, que "a resistencia está viva e a loita continúa"

Os descubridores do ARN mensaxeiro protagonizan a cerimonia de entrega do resto de galardóns

Un retrato de Mohammadi tras a cadeira que debía ocupar no acto Un retrato de Mohammadi tras a cadeira que debía ocupar no acto
G24.gal 10/12/2023 19:44 Última actualización 10/12/2023 21:40

A activista iraniana encarcerada Narges Mohammadi reclamou a través do seu fillo e da súa filla, ao recibir o Nobel da Paz no concello de Oslo, apoio internacional para acabar cun réxime iraniano "no seu nivel máis baixo de lexitimidade e apoio popular".

"A mocidade de Irán transformou hoxe as rúas e os espazos públicos nun escenario de resistencia civil xeneralizada. A resistencia está viva e a loita perdura", sinalou Mohammadi nun discurso escrito desde o cárcere de Evin (Teherán) e lido por Kiana e Ali Rahmani, xemelgos de 17 anos.

Mohammadi, de 51 anos e que este domingo comeza unha nova folga de fame para solidarizarse coa persecución á minoría relixiosa bahaí no seu país, mostrouse "confiada" en que "a luz da liberdade e a xustiza brillarán intensamente na terra de Irán".

A galardoada, "unha das millóns de orgullosas e resistentes iranianas alzadas contra a opresión, discriminación e tiranía", dixo que o movemento Muller, Vida, Liberdade, nacido o ano pasado tras a morte de Mahsa Amini, arrestada supostamente por violar o código de vestimenta, é unha continuación de loitas históricas.

"Este movemento contribuíu significativamente a expandir a resistencia civil en Irán, abarcando movementos de mulleres, xente nova, estudantes, profesores, activistas e outros. En esencia é un movemento polo cambio fundamental", dixo no discurso lido en francés, xa que os seus fillos residen desde hai anos co seu pai exiliados en París.

O réxime iraniano bloqueou calquera cambio, reducindo a participación política a "cero", respondendo con "arrestos, encarceramentos e balas" ás demandas de democracia, asegurou Mohammadi.

A activista acusa a Teherán de discriminación relixiosa, de xénero e étnica, así como de promover a inxustiza e a corrupción.

A filla e o fillo da activista recolleron o galardón A filla e o fillo da activista recolleron o galardón
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade