Israel bombardea Irán en represalia polo ataque con mísiles
Israel bombardea Irán en represalia polo ataque con mísiles
O exército dá por concluída a operación tras lanzar tres ondas de ataques "precisos" contra "obxectivos militares"
Unhas fortes explosións sacudiron esta madrugada os arredores de Teherán e a cidade próxima de Karaj
Irán, Irak e Israel pechan o seu espazo aéreo.
Despois de varias semanas preparando o ataque, Israel lanzou esta madrugada unha ofensiva contra Irán, en resposta ao ataque con mísiles que o réxime dos aiatolás levou a cabo hai case un mes contra o Estado hebreo.
O portavoz do exército israelí, Daniel Hagari, confirmou que se levaron a cabo ataques precisos contra obxectivos militares. Segundo transcendeu, foron bombardeadas varias bases militares e mais a sede da Garda Revolucionaria.
In response to months of continuous attacks from the regime in Iran against the State of Israel—right now the Israel Defense Forces is conducting precise strikes on military targets in Iran.
— Israel Defense Forces (@IDF) October 25, 2024
The regime in Iran and its proxies in the region have been relentlessly attacking… pic.twitter.com/OcHUy7nQvN
Os medios iranianos -non obstante aseguran que os seus sistemas de defensa repeleron os ataques. Irán suspendeu tódolos voos e pechou o seu espazo aéreo. Teherán promete ademais unha resposta proporcional.
Descoñécese o alcance dos ataques, aínda que parece que non ían dirixidos contra instalacións nucleares nin petrolíferas, como pedira Estados Unidos a Israel para evitar que desemboquen en guerra rexional aberta.
A axencia oficial Fars, da Garda Revolucionaria, confirmou ataques sobre bases militares no oeste e suroeste de Teherán e, en xeral, as autoridades iranianas apresuráronse a quitarlle ferro, asegurando que os seus sistemas antiaéreos operaron “ con éxito” e que algunhas das explosións escoitadas correspondían ás intercepcións.
Tras catro horas de ofensiva, o Goberno israelí deu por rematada a operación. Netanyahu seguiu as evolucións dos bombardeos israelís canda o núcleo duro dos seus colaboradores, entre os que estaban o Ministro de Defensa, Yoav Gallant e o xefe doi Estado Maior.
Gallant adiantou hai uns días que a resposta sería "letal" e sorpendente".