Publicador de contidos
Publicador de contidos

A nova estación de buses de Vigo estará lista en marzo

A nova estación de buses de Vigo estará lista en marzo

A conselleira de infraestruturas, Ethel Vázquez, visitou as obras este venres

Explicou que falta por rematar o acceso do concello, que non estará listo ata listo de maio

 

 

G24.gal 11/02/2022 17:43

Xa está todo listo para que en pouco máis dun mes rematen as obras da nova estación de autobuses de Vigo. Con todo, a Xunta apunta que seguen pendentes de que o Concello finalice os accesos necesarios para poder poñela en funcionamento.

A conselleira de infraestruturas, Ethel Vázquez, visitou as obras este venres e comentou que faltaría por rematar o acceso que ten que facer o concello, que non estaría ata listo de maio, polo que aínda que rematen as obras en marzo non se podería poñer en funcionamento a estación.

Ethel tamén lle reclama ao Goberno Central que acelere ao mes de xuño a chegada dos trens de Arbul cos que operará aquí a alta velocidade para aproveitar a temporada alta de verán.

"Temos que aproveitar ao máximo a temporada alta, sobre todo este doble Xacobeo histórico en Galicia, para sacarlle o máximo proveito e porque para os galegos non é o mesmo que a alta velocidade chegue en xuño que en setembro ou outubro", asegurou a conselleira de infraestruturas.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade