Publicador de contidos
Publicador de contidos

A nova estratexia de seguimento da covid comeza cun leve ascenso da incidencia

A nova estratexia de seguimento da covid comeza cun leve ascenso da incidencia

A pesar do aumento da transmisión, a taxa de ocupación hospitalaria mantense por debaixo do risco alto

Galicia continúa restando casos activos, pero suma ingresos e contaxios diarios

G24.gal 29/03/2022 18:19

A incidencia acumulada por covid volveu experimentar un leve ascenso de cinco puntos en catro días, ata 466, que recollen o último reconto xeral de contaxios ata a entrada en vigor onte da nova estratexia da pandemia, que só reflectirá os casos máis graves.

Desde o pasado venres as comunidades notificaron 56.633 novos contaxios e a presión asistencial volveu a baixar unha décima no caso dos hospitais e das UCI.

Así, a ocupación hospitalaria é do 3,5 % e a das UCI sitúase no 5,4 %, en ambos os casos por baixo dos limiares de risco alto.

A cifra total de falecidos desde o inicio da pandemia é de 102.218, tras o axuste realizado por Aragón, que "depurou os seus datos, polo que o número total de mortes, descendeu", segundo Sanidade.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos