Cargando resultados...
A obra en que morreu un operario en Carballo non tiña licenza municipal
A obra en que morreu un operario en Carballo non tiña licenza municipal
O Concello de Carballo non se pronunciou sobre o sucedido, ao ser un caso que está xudicializado
G24.gal
29/02/2024 12:04
A obra en que morreu un operario en Carballo (A Coruña) a tarde do luns non tiña licenza municipal.
Desde o Concello de Carballo non quixeron pronunciarse sobre o sucedido, ao ser un caso que está xudicializado; se ben é a empresa promotora da obra a que debe solicitar esa licenza.
O suceso tiña lugar na tarde do luns na nave 4 da rúa Titanio do polígono carballés de Bértoa. O operario, adscrito á empresa Reformas Santiso, caeu dende unha altura de 5 metros. Todo apunta a un fallo no arnés ao que estaba suxeito.
Os sanitarios só puideron certificar o falecemento do mozo, de 28 anos e de nacionalidade peruana.