Publicador de contidos
Publicador de contidos

A Catedral de Santiago mantén a máscara obrigatoria para sorpresa dalgún visitante

A Catedral de Santiago mantén a máscara obrigatoria para sorpresa dalgún visitante

A medida busca evitar os contaxios por coronavirus nun lugar que visitan milleiros de persoas

A obriga xera algún desconcerto entre os visitantes e mesmo incidentes con mediación policial

G24.gal 06/07/2022 13:52

Cando chega a hora de abrir as portas da Catedral de Santiago, o persoal de seguridade prepárase para o seu traballo cotián: revisar bolsos e mochilas e, ademais, pedir aos visitantes que poñan a máscara para entrar.

A medida busca evitar ao máximo os contaxios por coronavirus nun lugar onde se dan cita milleiros de turistas e peregrinos de distintos lugares do mundo. 

A obriga xera algúns incidentes na entrada da Catedral

A maioría vai preparada coa súa máscara e pasa sen problema ningún, pero outros chegan despistados e teñen que dar volta. A solución está preto, varios negocios dos arredores venden máscaras para os despistados.

Así que, mércanas alí, volven á entrada e acaba o problema. Iso, case sempre, pero nalgunha ocasión foi precisa a mediación policial porque non todos están de acordo coa medida.

A maioría dos visitantes comprende a medida

Os detractores son poucos. Nas portas da Catedral hai máis xente que comprende a obriga. De momento, guste ou non, todos os que desexen entrar na Catedral deberán cumprir coa norma e poñer a máscara.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade