Cargando resultados...
A OCU pide a suspensión inmediata de todos os impostos da enerxía
A OCU pide a suspensión inmediata de todos os impostos da enerxía
É unha medida temporal para aliviar a economía das familias ante a escalada de prezos
G24.gal
11/03/2022 13:28
A OCU pon en marcha unha campaña para pedir a suspensión inmediata e temporal dos impostos que graban a electricidade, o gas e os carburantes. É unha iniciativa coa que pretende amortecer o impacto da escalada de prezos nas economías domésticas, agravada pola invasión de Ucraína.
A organización advirte de que a factura da luz de marzo dunha familia media pode superar os 175 euros cos prezos dos primeiros días do mes.
O voceiro da OCU, Enrique López, cre que "non ten sentido" que o Estado sexa o principal beneficiario da escalada de prezos "polo aumento dos ingresos dos enormes impostos que soportan o gas, a electricidade e a gasolina".