Cargando resultados...
A ocupación do encoro de Cecebre é case un 20 % inferior que hai un ano
A ocupación do encoro de Cecebre é case un 20 % inferior que hai un ano
A Xunta mantén a presa baixo vixilancia especial e pide un consumo responsable
G24.gal
09/07/2023 13:59
Última actualización 09/07/2023 14:41
Hai un ano, os niveis de ocupación do encoro de Cecebre superaban o 90 %. Actualmente, non chegan ao 75 %.
Non hai risco de seca e o abastecemento está garantido, pero a Xunta comezou a facer un seguimento especial da situación do encoro, que nutre de auga 400.000 persoas da Coruña e da súa área metropolitana.
Nos últimos meses, Augas de Galicia detectou un incremento da demanda, que sempre é maior durante os meses de verán, especialmente nas zonas máis turísticas. O Goberno galego pídelles aos municipios, ás empresas e aos particulares que fagan un consumo responsable da auga.