Cargando resultados...
A odisea dos catro irmáns colombianos asombra o mundo
A odisea dos catro irmáns colombianos asombra o mundo
Os nenos, de entre 13 e 1 ano, sobreviviron 40 días na selva amazónica
Saíron ilesos dun accidente de avioneta en que morreron o resto dos ocupantes
Antón Montero
24/06/2023 15:30
Última actualización 23/06/2023 21:59
A capacidade de supervivencia do ser humano deixou fitos ao longo da historia, pero poucos tan asombrosos como o dos catro cativos colombianos que coñecemos hai poucos días.
A súa é a historia dun dobre milagre: saíron ilesos dun accidente de avión e sobreviviron durante 40 días na selva amazónica, un dos hábitats máis inhóspitos do planeta. As ensinanzas da comunidade indíxena á que pertencen foi clave para que a súa odisea rematase cun final feliz.