A ONG Terra de Homes facilitou tratamento médico a 118 menores en 20 anos en Galicia
A ONG Terra de Homes facilitou tratamento médico a 118 menores en 20 anos en Galicia
O labor desta entidade é posible grazas ás familias de acollida, as entidades colaboradoras e á rede de voluntariado
Ibrahima regresaba a Togo en 2020 tras ser intervido dunha cardiopatía na Coruña. É un dos menores atendidos pola ONG Terra de Homes en Galicia.
"Estes 20 anos fixeron posible que en Galicia 118 nenos e nenas foran operados, tratados e curados e que estean hoxe en día nos seus países cos seus pais", afirma Raúl Besada, delegado en Galicia de Terra de Homes.
Unha realidade que foi posible grazas tamén ás familias de acollida, as entidades colaboradoras públicas e privadas e á rede de voluntariado. Nos países de orixe, a ONG realiza un traballo social coas familias dos menores.
"Na inmensa maioría dos casos levan os medicamentos que lles teñen que dar e uns coidados que a familia biolóxica ten que facer e por iso é moi importante ese traballo social", aclara Besada.
Momentos antes da gala de aniversario, o seu responsable recoñecía a necesidade de continuar traballando porque "é verdade que polo covid están a chegar casos que xa eran moi complexos cun índice de mortalidade moi alto, pero coa covid peor aínda. Se houber unha rede sanitaria adecuada estivera nestes países isto non pasaría".
20 anos cambiando bágoas por sorrisos para seguir poñendo cara á esperanza.