Publicador de contidos
Publicador de contidos

A OPEP e Rusia aumentan un 50 % a produción de petróleo

A OPEP e Rusia aumentan un 50 % a produción de petróleo

A decisión chega no medio das presións para que os países produtores incrementen os barrís de cru e reducir así o prezo

O prezo da gasolina segue subindo e xa se achega ao seu récord pese ao desconto

G24.gal 02/06/2022 16:44 Última actualización 02/06/2022 16:55

A OPEP xunto cun grupo de produtores aliados, entre eles Rusia, decidiu aumentar en xullo e agosto a súa produción petroleira un 50 % máis do esperado, ata 648.000 barrís diarios cada mes. Ese aumento é un 50 % superior ao dos pasados meses dentro dun plan para abrir de forma gradual as espitas cada 30 días, indicou a organización petroleira nun comunicado tras o encontro ministerial celebrado de forma virtual.

A subida extraordinaria débese a que a OPEP adianta o incremento do mes de setembro -432.000 barrís- a xullo e agosto, o que supón que en cada un deses meses agréganse 216.000 barrís extra, un 50 % máis. Estes incrementos paulatinos -desde xullo de 2021- para compensar o recorte de produción debido á caída da demanda en 2020 pola pandemia, estendíanse ata setembro, polo que, na práctica, adiantouse a súa fin a agosto.

A decisión, tomada nunha reunión virtual da alianza de 23 países, produciuse no medio das presións dalgúns Estados consumidores, como EEUU, para que a OPEP aumente máis o bombeo para reducir o prezo do cru, que rozou os 120 dólares o barril, o nivel máis alto nunha década.

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade